Imaxes tomadas da AEMET na que se pode ollar a aproximación cara a península da tormenta Xinthya. Na imaxe global podemos ver o tren de perturbacións que percorre o Hemisferio Norte e que están deixando un dos invernos máis húmidos e desapacibles que se recordan. Fortes ventos e intensas precipitacións que nos indican unha traxectoria zonal e moi meridional do Jet Stream con episodios de traxectoria ondulante que permiten a chegada de vagas de frío ártico. Din os máis vellos que é un inverno como os de antes, pero o que o distingue é a contundencia e a persistencia dos contrastes, agora forte vento e moita auga, mañá neve en cotas moi baixas. Semella que está sendo un inverno de record. Na imaxe dos 500 mb. vemos esa tendencia a ondularse da corrente en chorro que permitirá a chegada de aire frío unha vez que pase esta borrasca tan profunda. Ola son Humberto Martínez Gargamala, profesor de Ciencias Sociais no IES Sánchez Cantón.Ofrézovos este blog como unha ferramenta para a reflexión e o debate. Nela iremos colgando noticias, artigos de prensa, fotografías e dossieres sobre diversos temas do curriculum.Espero que vos guste. Un saúdo e gracias pola vosa colaboración.
sábado, 27 de febrero de 2010
A bomba meteorolóxica Xinthya
Imaxes tomadas da AEMET na que se pode ollar a aproximación cara a península da tormenta Xinthya. Na imaxe global podemos ver o tren de perturbacións que percorre o Hemisferio Norte e que están deixando un dos invernos máis húmidos e desapacibles que se recordan. Fortes ventos e intensas precipitacións que nos indican unha traxectoria zonal e moi meridional do Jet Stream con episodios de traxectoria ondulante que permiten a chegada de vagas de frío ártico. Din os máis vellos que é un inverno como os de antes, pero o que o distingue é a contundencia e a persistencia dos contrastes, agora forte vento e moita auga, mañá neve en cotas moi baixas. Semella que está sendo un inverno de record. Na imaxe dos 500 mb. vemos esa tendencia a ondularse da corrente en chorro que permitirá a chegada de aire frío unha vez que pase esta borrasca tan profunda.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario