lunes, 8 de junio de 2020

Comentario dunha paisaxe atlántica



Os elementos da paisaxe natural 
A paisaxe atlántica está caracterizada polo dominio das masas de bosques caducifolios a base de carballos e faias. Nas partes de transición cara o dominio mediterráneo aparecen especies marescentes como o rebolo ou o quexigo. A matogueira xurde como unha degradación do bosque climax. É a denominada landa a base de fentos, toxos, uceiras, piornos ou xestas. As abundantes precipitacións determinan a presenza de pastizais naturais. Esta vexetación distribúese por un relevo accidentado, que vai dende suaves outeiros a montañas de elevada altitude, caso da Cordilleira Cantábrica. Os numerosos vales están percorridos por inumerables cursos de auga. Estamos na rexión eurosiberiana. Na imaxe vemos uns suaves outeiros salpicados de especies caducifolias agrupadas en fragmentos de bosque e vexetación de tipo riparia na parte baixa do val por onde discorre un río (avelaneiros, sabugueiros, freixos..). Entre medias a acción antrópica foi roturando superficie boscosa para convertela en prados e pastos ou en terras de cultivo. As pendentes son dominantes determinando un uso do solo relacionado coa explotación gandeira e forestal. Nos últimos 50 anos a acción antrópica introduciu cultivos forestais de piñeiros e eucaliptos para a industria papeleira e de taboleiros que transformaron a paisaxe natural do bosque caducifolio

Os condicionantes físicos no desenvolvemento da vexetación típica desta rexión 
Esta rexión atlántica localízase no norte e noroeste peninsular
O relevo é accidentado e fallado: o Macizo Galaico, os Montes de león, a Cordilleira Cantábrica e os Montes Vascos. Falamos dos rebordos montañosos da Meseta que determinan unha topografía con numerosas pendentes. Son relevos rexuvenecidos polo paroxismo alpino que volveu exhumar os pregues da oroxenia herciniana dando lugar a numerosas  crestas apalachenses na parte occidental da Cordilleira Cantábrica e na parte oriental de Galicia. Tamén podemos atoparnos con exemplos de relevo xermánico no Macizo Galaico. Falamos dun relevo formado por un rochedo metamórfico (lousas, xistos, gneiss, cuarcitas) e magmático (granito), se ben na parte oriental da Cordilleira Cantábrica e nos Montes Vascos dominan as calcarias dando lugar a fenómenos kársticos 
O clima é o temperado oceánico de suaves temperaturas ( invernos suaves e veráns frescos), de pouca oscilación térmica, pola influencia do Atlántico e as masas tropicais húmidas que deixan abundantes precipitacións. Esas condicións térmicas e de humidade son ideais para a extensión do bosque termófilo.
Esas precipitacións abundantes propician numerosos cursos de auga de caudal regular de réxime pluvial oceánico ou pluvio- nival oceánico. A abundante vexetación actúa de regulador dos aportes que reciben os ríos. Son ríos de curto percorrido por ter o nacemento moi próximo á desembocadura. 
Os solos son silíceos, dando lugar as terras pardas, se ben nas áreas onde o rochedo é calcario temos terras pardas calcarias. Nas zonas de montaña de rochedo silíceo aparecen os solos moi delgados (solos rankers) aptos só para a repoboación forestal e nas zonas de rochedo calcario aparece a terra fusca 



No hay comentarios: