miércoles, 20 de febrero de 2008

Análise da vista de Ponte Caldelas dende o lugar da Valdarrosa

Nesta vista podemos aprezar os volumes excesivos que se viñeron construíndo nos últimos anos. Pouco teñen que ver co tamaño dos inmobles herdados de épocas anteriores. O resultado na vila aínda non é moi grave, pero ameaza con crear un espazo macizo e pouco harmónico, perdendo para sempre a súa estética de vila termal. Se isto acontece na vila, nas abas dos outeiros que a circundan, cada ano que pasa, van aparecendo novas vivendas unifamiliares que incrementan a superficie construída dun xeito anárquico, saturando de cemento o que antes eran leiras e complicando moito unha futura ordenación do territorio.




No hay comentarios: