Un percorrido polo patrimonio artístico do cemiterio de San Mauro
Estase a por de moda itinerarios necroculturais. O Concello de Pontevedra realizou unha visita guiada o sábado 10 de novembro e tiven a oportunidade de ir. Como consecuencia ao longo desta semana fun preparando esta presentación que quero compartir con todos e todas.Espero que sexa do voso agrado.
Ola son Humberto Martínez Gargamala, profesor de Ciencias Sociais no IES Sánchez Cantón.Ofrézovos este blog como unha ferramenta para a reflexión e o debate. Nela iremos colgando noticias, artigos de prensa, fotografías e dossieres sobre diversos temas do curriculum.Espero que vos guste. Un saúdo e gracias pola vosa colaboración.
Mostrando entradas con la etiqueta Patrimonio cultural. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de noviembre de 2012
domingo, 15 de enero de 2012
Isaac Díaz Pardo, a historia dun galego honrado e integro
A morte deste home significa a marcha dun histórico loitador pola lingua e a cultura galega. Isaac Díaz Pardo converteuse moi cedo nunha auténtica institución moi respectada pola súa traxectoria vital. Unha persoa moi entrañable para todos os que tiveron oportunidade de coñecelo. En outubro do ano 2007, tivemos a honra de que presidira o acto de entrega dos premios outorgados pola Fundación Antonio Fraguas. O IES de Ponte Caldelas presentaba a súa exposición sobre o patrimonio cultural dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos e alí estaba aquel home baixiño, sorrinte e de mirada intelixente e pícara. Con este artigo queremos rendir unha homenaxe a quen soubo manter sempre a dignidade. Para isto imos recorrer a un precioso escrito de Manuel Rivas, publicado no xornal "El País" que podedes ollar na seguinte ligazón: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/segredo/Isaac/elpepuespgal/20120113elpgal_15/Tesjueves, 18 de marzo de 2010
Presentación do libro " Non deas a esquecemento...", un proxecto de sensibilización ao redor do patrimonio etnográfico.
O día 17 de marzo, ás 19'30 horas presentamos no Museo do Pobo Galego a publicación " Non deas a esquecemento...,un proxecto de sensibilización ao redor do patrimonio etnográfico". A Fundación Antonio Fraguas, o Museo do Pobo Galego e a Consellería de Cultura apoiaron a idea de editar en papel os contidos da exposición realizada en Santiago, en outubro do 2007, co engadido dun debate de ideas sobre o futuro da identidade do rural dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos, tan próximos á área urbana máis dinámica de Galicia. Este acto foi presidido polo Director Xeral de Cultura e polo profesor Xusto Beramendi, en representación da Fundación Antonio Fraguas. Dende aquí queremos agradecer o apoio recibido destas institucións, sobre todo, pola coxuntura tan crítica da economía que estamos a pasar e que conleva unha drástica redución de gastos no mundo da cultura. Na fotografía de portada da publicación, a imaxe do pasadoiro dos Carrizos sobre o río Verdugo, no concello da Lama.
miércoles, 10 de febrero de 2010
Unha presentación resumo do libro 55 mentiras sobre a lingua galega
O libro coordinado por Xosé Henrique Costas foi obxecto dunha multipresentación en 69 cidades de todo o mundo. Unha resposta rápida e contundente á promesa electoral do Partido Popular de reformar a lei de normalización lingüística do galego que nos nosos días ten como referente a publicación das bases do borrador para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia. Esta presentación corresponde a un resumo elaborado por Pilar Ponte.Para quen estea interesado en máis información a ligazón é:
http://prolinguagalega.org/

http://prolinguagalega.org/
Máis razóns en defensa da lingua galega e contra as bases do borrador do decreto do plurilingüismo
O xornal diario publica un artigo que argumenta en favor do coñecemento e a riqueza lingüística que pode ofrecer a aprendizaxe e uso do galego. A conto da publicación das polémicas bases do borrador do decreto do plurilingüismo aparecen a diario argumentos en defensa da lingua propia de Galicia e en contra do recurte que pretende o borrador do decreto. A base da tese que expoñen os autores do artigo é o falso conflito que se crea coa publicación destas bases ao contrapoñer a defensa das liberdades e dereitos individuais respecto a unha lingua minorizada e en perigo de extinción que debe ser potenciada dende os poderes públicos. O seu títutlo é unha boa síntese: "A arte de converter unha oportunidade nun problema". Polo seu interese reproducimos todo o artigo.
A Constitución Española e mailo Estatuto de Autonomía de Galicia insta aos poderes públicos a potenciar o emprego do galego, a lingua minorizada, en todos os planos da vida pública, cultural e informativa. Política por certo común a todos os países do noso contorno que teñen linguas en contacto con un uso desigual. Esta política foi reflectida no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia no ano 2004. Agora este Goberno da Xunta de Galicia fai públicas as “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia” que poñen en discusión (en conflito) este obxectivo de potenciación e protección cos dereitos dos individuos e coas súas liberdades.
Este é un dilema falso, posto que se queremos defender os dereitos individuais deberiamos atender ao desenvolvemento das capacidades destas persoas e este é un dereito irrenunciable. Nunca no mundo actual se pon en discusión o desenvolvemento das capacidades intentando contrapoñelo coa liberdade individual, como así tampouco se cuestiona a obrigatoriedade de escolarizar ao alumnado –salvo algún grupo reducidísimo de cidadáns– ou a obrigatoriedade da maioría dos contidos curriculares ou mesmo a obrigatoriedade de contribuír economicamente vía impostos a esa educación, por poñer algúns exemplos. E se falamos de desenvolver capacidades temos que incluír necesariamente a competencia de comunicarnos na lingua propia do país, que non só debe ser considerada unha riqueza ou un ben colectivo senón tamén unha riqueza ou un ben individual. Pero para facer efectivo ese dereito individual cómpre que os poderes públicos garantan que os nenos e nenas, dentro do sistema escolar, atopen os mecanismos que lles proporcionen esta futura competencia lingüística.
Os estudos máis recentes con individuos bilingües indícannos que a utilización dos dous idiomas vai asociada a cambios no patrón de actividade neuronal. De feito, hai traballos que suxiren que as representacións cerebrais das dúas linguas atópanse lixeiramente separadas. As diferenzas son, por suposto, maiores se os dous idiomas son moi distintos entre si e, tamén, se o noso dominio de ambos é equivalente. Nalgúns casos as diferenzas poden ser tan extremas que se atoparon persoas que son disléxicas nun dos dous idiomas e no outro non. Hoxe sabemos tamén que ao alcanzar unha elevada competencia nun segundo idioma, somos capaces de empregar para o control da linguaxe rexións do cerebro que non utilizan individuos monolingües ou bilingües asimétricos.
Doutra banda, cando un neno fixa un idioma demasiado axiña os seus circuítos neuronais responsables do control da linguaxe ancóranse de forma permanente no deseño óptimo para o manexo da estrutura desa lingua. O neno perde así capacidade para adaptarse ás peculiaridades fonolóxicas e gramaticais doutros idiomas. En nenos bilingües esta capacidade de adaptación do cerebro a outras estruturas lingüísticas mantense durante moitos anos máis, facilitando a aprendizaxe de terceiras linguas. Para conseguir unha situación de bilingüismo funcional, é fundamental que o neno teña contacto en primeira persoa con falantes de ambas as dúas linguas. Os bilingües adultos necesitan un grao de inmersión lingüística moito maior para aprender o segundo idioma e os resultados non son normalmente comparables. É por iso que manter nos primeiros anos de vida e de escolarización unha exposición similar aos dous idiomas propios é fundamental, pois permite aproveitar o período de máxima plasticidade cerebral. A substitución dunha das linguas propias por outra foránea non fornece normalmente o mesmo efecto. Para iso, habería que introducila en condicións de igualdade tanto de uso académico como social, o que de momento para o inglés no ensino público galego é pouco menos que imposible.
Que ao final de contas aprender galego non serve para nada é outro argumento que se introduciu de xeito máis ou menos inconsciente (e máis ou menos interesado) no debate sobre o novo decreto. Os últimos descubrimentos científicos móstrannos que, ata aínda que socialmente iso fose así, o beneficio que obtén o noso cerebro do bilingüismo (real) proporciona unha vantaxe adaptativa ao individuo que vai moito máis aló da mera consideración utilitaria dos idiomas. Por parte dos xestores públicos, sería moi pouco intelixente desprezar esta vantaxe.
Se finalmente se adoptara a decisión de que os pais decidan a lingua de uso na Educación Infantil estariamos negando a posibilidade a moitos destes alumnos de ser bilingües no futuro, pero tamén de ter máis capacidade para aprender novas linguas, polo tanto distanciándoos do plurilingüismo que fachendosamente se proclama nestas Bases. Pola contra, o feito de introducir na Educación Primaria e Secundaria a utilización do inglés (ou a terceira lingua que corresponda) como lingua de estudo e de comunicación na terceira parte das materias, non garante a competencia nesta lingua pois ben sabemos que con este tipo de medidas no marco escolar actual en Galicia o único que se producirán serán atrancos para rapaces e rapazas nesas áreas curriculares e polo tanto máis fracaso escolar. ¿Que terá o inglés ao que xa se recorreu ridiculamente na Comunidade Valenciana para evitar a Educación para a Cidadanía (por certo corrixido con toda a contundencia polos tribunais) e ao que se recorre agora en Galicia, tamén ridiculamente, para evitar o galego?
Ter alumnado plurilingüe ao final da escolarización é un valioso obxectivo que se consegue aproveitando a oportunidade que se nos brinda por ter dúas linguas en contacto, facendo que as dúas se utilicen dende os primeiros anos e, dado que a utilización social é claramente desfavorable para o galego, necesítase que no sistema educativo se compense e non só como unha forma de conservar a lingua e a cultura, senón tamén como a mellor forma de que o alumnado galego desenvolva as súas capacidades, sen posibilitar desleixos individuais. Poida que existan algúns núcleos de descontento coa norma da utilización compensadora do galego no ensino, como tamén existen pequenos sectores que optan pola desescolarización dos seus fillos e a ninguén se lle ocorreu por iso sacar unha norma para protexer os seus dereitos individuais… Non podemos caer no ridículo de converter unha riqueza –que é unha gran oportunidade– nun problema que ata o de agora era francamente inexistente para a inmensa maioría da poboación.
Autores: Lois Martínez Otero, neurocientífico e profesor universitario e Xosé Ramos Rodríguez, membro de Nova Escola Galega no Consello Escolar de Galicia.

sábado, 6 de febrero de 2010
Burela, un traballo de normalización nunha sociedade multiétnica.
Burela é un pobo mariñeiro da costa lucense que ten no seu seo social unha mestura de xentes que chegaron a esta vila atraídos pola prosperidade da súa pesca e pola industria de encrave existente dende a época do desarrollismo. O resultado do traballo normalizador realizado nesta vila recóllese nunha serie de producións audiovisuais que merecen unha ollada como un exemplo de integración e de valorización da lingua propia de Galicia. Oxalá que este exemplo de convivencia pacífica serva de impulso para moitas persoas que deixan a súa pel no quefacer diario de evitar a perda de falantes do galego.
sábado, 23 de enero de 2010
Artigo de Suso de Toro: "Sí, es algo personal"
Reproducimos integro o artigo de Suso de Toro, publicado en "El País", porque consideramos que resume moi ben a situación sociolingüística que vive Galicia ao respecto do uso do galego e porque a publicación das Bases para a elaboración do Decreto do Plurilingüismo da actual Xunta está a traer unha enorme polémica que ameaza a normalización lingüística dunha lingua pouco valorada polos actuais gobernantes.
"Un diálogo sobre las lenguas entre dos personas con opiniones distintas es muy difícil. Aunque se manejen argumentos bien razonados, en realidad es una lucha emocional, irracional, entre quienes creen que si la lengua de los otros existe eso supone cortarle un pedazo a la suya y quienes, por el contrario, creen que la lengua de los otros pretende liquidar definitivamente a la suya. Es un diálogo imposible, los juicios e intenciones previas de unos hacia otros sólo permiten la defensa y ataque, una lucha a muerte entre lenguas. Sí, éste no es un tema, es un asunto personal, pues hablamos de una parte de nuestra identidad individual.
Esta Xunta está llevando a cabo una política para recortar el espacio del gallego, una lengua que ha sido negada históricamente. Está en su derecho pues ganó las elecciones, aunque está en nuestro derecho recordar que su obligación es defender, impulsar y normalizar la situación del gallego, no cuestionarlo. Pero hablamos de algo más profundo. Que sea la propia Xunta quien cuestione nuestra lengua ha sido un golpe moral, una ofensa que no nos esperábamos ver. Realmente nadie lo esperaba hace un año, presumíamos de civismo, aquí la lengua no era un factor de división. Que ocurriese algo así en Galicia sólo se podía concebir en algunos salones de la derecha madrileña donde nos desconocían, pero en unos meses hemos visto cómo traían esa planta nefasta y nos la plantaban y regaban. Hace unos meses vimos una imagen políticamente muy radical que nos sorprendió: el actual conselleiro de la Presidencia, Alfonso Rueda, con otros cargos del PP se manifestaba "contra la imposición del gallego". Iban mezclados con políticos llegados en autobuses y avión desde Madrid, llegados a Galicia a protestar contra el gallego.
Toda sociedad, aún tan débil como la gallega, tiene algún centro, alguna conciencia íntima de que hay algo que nos es común: la conciencia del nosotros, de que con nuestros yos formamos un nosotros que existe realmente. Esa conciencia se vio amenazada, por ejemplo, cuando el Prestige naufragó y el Gobierno de entonces trató a Galicia como la trató. Ésa fue la causa de la rabia y la respuesta social y no una conspiración de agitadores y artistas. Parece que este PP de Rajoy y Feijóo aún no ha comprendido eso, pues lo que le está haciendo al gallego afecta a ese mismo núcleo compartido.
Para toda sociedad hay algo que es sagrado, las cosas que nos identifican: la lengua gallega, nuestras palabras, son parte del repertorio de la identidad compartida, de nuestro nosotros. Así lo sienten quienes quieren al gallego como lengua nacional normal; quienes saben que fue lengua de reyes y de las Cantigas y que es la lengua de millones de personas en el mundo, la de Lula Da Silva; quienes saben hablar castellano -es obligatorio- y lo hablan o escriben cuando deciden hacerlo, pero viven y educan a su gente en la lengua del país. Así lo sienten tantos gallegos y gallegas que hablan gallego porque lo recibieron de sus padres, aunque no acaben de considerarla una lengua totalmente útil para que sus hijos progresen. Así lo sienten quienes son castellano hablantes pero no tienen problema en alternarlo con el gallego, aún no hablándolo con soltura, cuando creen que es bueno, conveniente o les apetece. Y así lo entienden muchas personas que ni saben hablar gallego ni jamás lo intentaron porque les cuesta, porque les es ajeno o simplemente son vagas, pero reconocen la evidencia de que el gallego es la lengua de Galicia, que fue negada históricamente y que aún hoy tiene enormes obstáculos para existir. La inmensa mayoría de los gallegos y gallegas, aun de los afiliados al PP, sentimos que decir que la lengua gallega se impone, que persigue o es verdugo del castellano, es mentir obscenamente y nos repugna.
Una minoría de personas que no quieren que sus yos se unan en el nosotros de los gallegos cuestionan la existencia misma de Galicia, de nuestro nosotros, nós. Son personas que sólo aceptan integrar su yo en un único nosotros en castellano. Defienden la existencia de España en sus provincias, niegan la de Galicia. Es legítimo. Nuestro clima no les gusta, somos raros, nuestro acento y nuestra lengua no les gusta. No les gustamos, no quieren ser gallegos, parte de los que vivimos aquí. Porque también existe un territorio al que llamamos aquí. Y también ellos lo saben, por eso quieren que aquí cambie para que sea como allí. Cuestionan nuestra existencia.
La responsabilidad del actual Gobierno de la Xunta en este caso no es meramente política, no hablamos de llevar problemas a las familias y trapalladas y caos en la enseñanza, va más allá, es una cuestión moral. La política quedó atrás cuando se decidió no respetar las cosas que afectan a nuestro yo personal y al nosotros también personal pero compartido. Es inmoral que un Gobierno pretenda la desaparición de su país."

martes, 8 de diciembre de 2009
Contidos da exposición "Non deas a esquecemento". Premio Antonio Fraguas 2006.
Esta exposición tivo lugar no Museo do Pobo Galego o 6 de utubro de 2007.
jueves, 15 de enero de 2009
O camiño dos arrieiros, un proxecto interdisciplinar premiado pola Consellería de Educación
Dentro dos premios de innovación educativa concedidos pola Consellería de Educación no ano 2008 figura a unidade didáctica creada por un grupo de profesores do IES de Ponte Caldelas sobre o Camiño Real. Este vieiro era percorrido polos arrieiros entre Ribadavia e Pontevedra para o transporte do viño.Como atravesa terras pertencentes aos concellos de Fornelos, A Lama e Ponte Caldelas hai anos que pensamos que podería ser unha boa idea crear unha unidade didáctica para explicarlle ao noso alumnado o patrimonio natural e cultural que asoma a este vieiro.
O premio recibido agora, xa tivo o seu antecedente nun traballo que sobre o mesmo tema fixemos no ano 2000, premiado polo Parlamento de Europa e que nos levou a Estrasburgo. Este traballo escolar tiña como plato forte un comic sobre a trasfega do viño na Baixa Idade Media, ideado polo alumno Isaac Sucasas.A partir dese ano un grupo de profesores seguimos traballando este tema coa idea de rexistrar as últimas testemuñas dos arrieiros vivos e comezamos a interesarnos polo patrimonio cultural existente na zona. Iniciativas como esta chamaron a atención do PRODER de Pontevedra e do propio concello de Ponte Caldelas pasando a interesarse pola súa recuperación.
A través desta presentación podes facerte unha pequena idea dos contidos principais desta unidade.

Arrieiros
View SlideShare presentation or Upload your own.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)