jueves, 15 de enero de 2009

O camiño dos arrieiros, un proxecto interdisciplinar premiado pola Consellería de Educación

Dentro dos premios de innovación educativa concedidos pola Consellería de Educación no ano 2008 figura a unidade didáctica creada por un grupo de profesores do IES de Ponte Caldelas sobre o Camiño Real. Este vieiro era percorrido polos arrieiros entre Ribadavia e Pontevedra para o transporte do viño.Como atravesa terras pertencentes aos concellos de Fornelos, A Lama e Ponte Caldelas hai anos que pensamos que podería ser unha boa idea crear unha unidade didáctica para explicarlle ao noso alumnado o patrimonio natural e cultural que asoma a este vieiro.

O premio recibido agora, xa tivo o seu antecedente nun traballo que sobre o mesmo tema fixemos no ano 2000, premiado polo Parlamento de Europa e que nos levou a Estrasburgo. Este traballo escolar tiña como plato forte un comic sobre a trasfega do viño na Baixa Idade Media, ideado polo alumno Isaac Sucasas.A partir dese ano un grupo de profesores seguimos traballando este tema coa idea de rexistrar as últimas testemuñas dos arrieiros vivos e comezamos a interesarnos polo patrimonio cultural existente na zona. Iniciativas como esta chamaron a atención do PRODER de Pontevedra e do propio concello de Ponte Caldelas pasando a interesarse pola súa recuperación.

A través desta presentación podes facerte unha pequena idea dos contidos principais desta unidade.
Arrieiros
View SlideShare presentation or Upload your own.

No hay comentarios: