miércoles, 21 de enero de 2009

Unha realidade demográfica preocupante nos nosos concellos

Unha análise das pirámides de poboación dos tres concellos que constitúen a nosa área educativa vén a demostrarnos un futuro demográfico moi preocupante. En Galicia deberíamos tomar conciencia dunha vez por todas deste problema que ameaza con despoboar o rural. O número crecente de vellos e, en especial, vellas obriga a facer un plantexamento moi serio sobre a calidade e o tipo de prestacións sociais que se están a dar á poboación do rural galego. Unha atención especializada para unha poboación moi avellentada e un servizo público de transporte decente para estas áreas son demandas moi básicas que se encarecen de forma notable pola dispersión da poboación tan característica de Galicia. Faise urxente un replantexamento sobre o papel que debe xogar a administración local e a necesidade de mancomunar servizos básicos. Mentres, o tempo corre e preguntámonos: Cantos núcleos quedaran despoboados en breve? Que futuro ten o rural galego que non se incorporou aos circuítos de mercado?. Basta unha ollada ás pirámides para sentir preocupación polo abandono e avellentamento no rural.

No hay comentarios: