jueves, 26 de marzo de 2009

Intercambio educativo Galicia- Canarias: IES de Ponte Caldelas co IES Alonso Pérez Díaz

O día 27 de marzo parten do IES de Ponte Caldelas 22 alumnos con rumbo á illa da Palma no arquipiélago das Canarias. A intención é manter un intercambio de coñecementos sobre o patrimonio natural e cultural entre Galicia e Canarias. O Atlántico une a estas dúas terras tan aparentemente distantes, pero con máis puntos en común dos que saltan a primeira vista: ambas experimentaron emigración, aillamento físico, moitos mariñeiros galegos pescaron no caladoiro canario dándolle vida a un porto como o de Las Palmas, outros moitos buscaron emprego na hostalería e na construción de Canarias... . O resultado do noso traballo verémolo dentro duns meses cando en outubro se acheguen aquí 22 alumnos do IES Alonso Pérez Díaz de Sta Cruz da Palma. Mentres tanto imos colgar unha presentación moi sintética dalgúns aspectos de Galicia a modo de tarxeta de visita.

No hay comentarios: