miércoles, 11 de noviembre de 2009

Unha curtametraxe para reflexionar

A curtametraxe convértese nunha obra de arte cando o seu autor é quen de comunicar unha mensaxe de calado e conmover ao espectador con moi poucos recursos. A forza expresiva das miradas, o escandaloso contraste de situacións, un drama instrumentalizado e mercantilizado que remove no interior das nosas conciencias son os ingredentes da curtametraxe "One hundredth of a second" que aquí presentamos. Esta obra mereceu o recoñecemento de numerosos festivais e viaxa de correo en correo electrónico dun xeito espectacular.

No hay comentarios: