viernes, 11 de diciembre de 2009

Un vídeo moi oportuno sobre unha realidade inxustamente esquecida

Esta ligazón lévate a ver un vídeo que recolle o discurso de Eduardo Galegano sobre a inxustiza na que está instalado a diario o pobo saharaui e resulta moi oportuno dada a situación da activista saharaui en folga de fame Aminetu Haidar. Eduardo Galegano vai revelando coa súa habitual mestría as contradiccións e a hipocresía internacional que rodean todo o que atinxe ao asunto do Sahara, un territorio colonial español ata o 75 e abandonado en mans de Marrocos co pasotismo da comunidade internacional.


http://www.todosconelsahara.com/video3.asp

No hay comentarios: