jueves, 18 de febrero de 2010

Semella que algo está mudando no mundo da imaxe e a moda feminina

Recentes artigos na prensa indican que o canón da extrema delgadez e a escravitude das tallas pequenas semellan chegar ao seu fin . Unha fotografía da modelo Lizzie Miller na que amosa un ventre con algún pregue deu que falar no mundo da moda. Fotografar a unha muller guapa, pero cun corpo normal converteuse nunha nova estendida por todo o mundo. Confirmábase así que a normalidade non é un ingredente habitual no mundo da moda, de aí o "escándalo" de fotografar o que é natural na inmensa maioría dos mortais. Quizáis accións coma esta axuden a moitas adolescentes a ver con menos severidade o seu propio corpo.

No hay comentarios: