jueves, 18 de marzo de 2010

Presentación do libro " Non deas a esquecemento...", un proxecto de sensibilización ao redor do patrimonio etnográfico.

O día 17 de marzo, ás 19'30 horas presentamos no Museo do Pobo Galego a publicación " Non deas a esquecemento...,un proxecto de sensibilización ao redor do patrimonio etnográfico". A Fundación Antonio Fraguas, o Museo do Pobo Galego e a Consellería de Cultura apoiaron a idea de editar en papel os contidos da exposición realizada en Santiago, en outubro do 2007, co engadido dun debate de ideas sobre o futuro da identidade do  rural dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos, tan próximos á área urbana máis dinámica de Galicia. Este acto foi presidido polo Director Xeral de Cultura e polo profesor Xusto Beramendi, en representación da Fundación Antonio Fraguas. Dende aquí queremos agradecer o apoio recibido destas institucións, sobre todo, pola coxuntura tan crítica da economía que estamos a pasar e que conleva unha drástica redución de gastos no mundo da cultura. 
Na fotografía de portada da publicación, a imaxe do pasadoiro dos Carrizos sobre o río Verdugo, no concello da Lama. 

No hay comentarios: