domingo, 9 de mayo de 2010

Acto reivindicativo en Cotodeira

Vencendo ao mal tempo, un grupo dunhas corenta persoas achegámonos ata Cotodeira para solicitar ás autoridades públicas que este espazo sexa incluído no LIC do Val do Tea e non sexa obxecto de especulación e explotación brutal ante o desexo da empresa Minor Galicia de querer instalar unha canteira. Os valores naturais, paisaxísticos e patrimoniais merecen un respecto. Estamos na cabeceira das augas que verten ao Tea, o espazo de braña está protexido pola Directiva Habitats e esta área é o habitat natural do lobo, amén de ser un lugar de pastoreo do gando en réxime extensivo e contar cun foxo do lobo de dobre funil. Cremos que son razóns suficientes como para protexer a zona e convertila nun lugar de referencia para os amantes da natureza.

No hay comentarios: