miércoles, 5 de mayo de 2010

Marcha de protesta contra a instalación dunha canteira en Cotodeira


9 de maio, domingo, ás 11'00 horas da mañá, terá lugar unha visita guiada a Cotodeira co obxectivo de reivindicar os seus valores naturais, culturais e paisaxísticos, ameazados pola instalación dunha canteira, impulsada pola empresa Minor Galicia S.L.
Comezaremos a subida a Cotodeira dende a estrada forestal que une Bustelos con Ventín (Fornelos). A visita transcurrirá ao longo de tres elementos fundamentais:
1. O foxo do lobo da Chan de Anduriña ( o único duplo de Galicia e, que se saiba, un dos tres que existen no mundo desta categoría)
2. Os humedais do Monte Maior (Prado de Arriba, Prado de Medio e Prado de Abaixo, incluídos na proposta de ampliación da Rede Natura 2000)
3. O Coto de Eira (884m., dende poderemos ollar o mar e as fracturas naturais que articulan a rede fluvial do sur da provincia de Pontevedra).

Ao finalizar a visita terá lugar a lectura dun manifesto en defensa dos valores do lugar e da súa inclusión nas figuras de protección medioambiental que se lle entregará á prensa presente no acto.

Para o que quede a xantar en Mondariz Balneario, pola tarde, faríamos unha visita guiada ao Balneario onde se glosará a figura de Enrique Peinador.

A visita guiada estará a cargo do naturista Alex Cendón e do arqueólogo Alberte Reboreda, estudosos da zona, e convoca a Asemblea do Suído.

Nota: Para as persoas que se acheguen dende Pontevedra, haberá un primeiro punto de encontro en Mondaríz- Balneario,á s 10'30 horas, para deixar os automóbiles particulares e achegarnos ata o inicio da subida a Cotodeira en autobús. Pregamos o envío dun correo electrónico a hum@mundo-r.com co número das persoas interesadas no uso do autobús a efectos de planificación. Durante a viaxe flevarase a cabo o cobro do custo do transporte.

No hay comentarios: