domingo, 3 de octubre de 2010

As transformacións agrarias no século XVIII

Estes textos de carácter historiográfico que imos deixar na etiqueta de historia do mundo contemporáneo serven como complemento do explicado en clase e axudan para poder comentar os documentos coetáneos aos feitos abordados.
Este escrito está construído a partir do contido do libro de Josep Fontana :"Introducción al estudio de la historia".

"O sistema Norfolk consistitu no desenvolvemento de rotacións de cultivos que alternaban os cereais de inverno cos de primavera e estes con plantas leguminosas que teñen a propiedade de fixar o nitróxeno na terra e proporcionan así elementos nutritivos para os cereais que se sementan ao ano seguinte. Isto permitía suprimir o barbeito, reemprazado por colleitas destinadas a alimentar aos animais, facendo criar moitas máis cabezas de gando que en tempos anteriores.(...) Isto permitiu dispoñer de máis abono e aumentar considerablemente os rendementos da terra.
Este sistema máis intensivo non só permitía emanciparse do cultivo colectivo, porque era autosuficiente e non necesitaba das terras comunais, senón que obrigaba aos que o practicaban a pechar as terras para evitar que os rabaños dos veciños entraran na sementeira. É o que fixeron en Inglaterra  os grandes propietarios, que se valeron das enclousures acts para pechar as terras de todo o termo dun pobo, reagrupándoas e repartindo de paso as comunais, condeando aos pequenos propietarios a abandoar o cultivo e proletarizarse(...) Arruinou unha agricultura campesiña familiar de propietarios máis ou menos autosuficientes que tiveron que emigrar ás cidades. No ano 1500 máis da metade da terra arable de Inglaterra era comunitaria, en 1850 case non quedaba terra que non fose de propiedade particular: entre un 75 e un 80% desta pertencía aos grandes propietarios que a arrendaban aos agricultores en contratos de curta duración.(...) O traballo asalariado do campo  reemprazou á diversidade de ocupacións que antes aseguraban a subsistencia da familia campesiña. O vello sistema garantía unha mellor defensa da colectividade fronte á pobreza. Tamén era menos depredador dos recursos naturais. A apropiación dos bosques empobreceu aos campesiños, deu lugar a tensións sociais e a unha grave deforestación."

Olla agora esta minibiografía de Lord Townshend, serve de complemento á lectura anterior.



Documento a comentar:
"(...) Que co pretexto de facer melloras nas terras de propiedade da citada parroquia privarase aos labregos sen terra e a todas as persoas que teñen dereitos sobre as common lands que se pretenden pechar, do indispensable privilexio do que actualmente gozan, é dicir, que os seus bois,xatos, e ovellas poidan alimentarse ao longo e ao largo de ditas terras (...)Os demandantes consideran ademais que o resultado máis desastroso deste peche será a case total despoboación do seu pobo, agora cheo de traballadores fachendosos e fortes que ao igual que os habitantes doutras parroquias son o vigor da nación . Baixo o empurre da necesidade e da falta de traballo veranse obrigados a emigrar en masa ás cidades industriais onde a natureza mesma do traballo no tear ou na fragua reduciría pronto o seu vigor(...)."
Petición de pequenos propietarios de terras e persoas con dereitos de servidume sobre as common lands. 1797. En G Mori.Hª Mundo Contemporánea. Ed ECIR.

No hay comentarios: