lunes, 18 de octubre de 2010

A expansión do ferrocarril

"Abraiados polo papel miragroso que habitualmente se asigna á tecnoloxía, utilizámola como explicación da maior parte dos grandes trocos económicos e culturais. A base económica do Antigo Réxime sería transformada polo impacto da máquina de vapor, pola mecanización do fiado e finalmente polo ferrocarril. Non foron, sen embargo, as máquinas as que cambiaron a sociedade, senón o troco social o que fixo posible a difusión das máquinas: a tecnoloxía tivo un papel instrumental, acelerou as transformacións, pero non é a súa causa.(...) Na Inglaterra de fins do s.XVII e comezos do XVIII a formación dun mercado nacional viuse favorecida polo asentamento dun sistema político estable, cunhas institucións representativas que garantían os dereitos de propiedade e a fiabilidade dos contratos(...)Foi a demanda a que estimulou o desenvolvemento e a implantación da nova tecnoloxía e non a tecnoloxía a que creou a demanda. Este proceso foi acompañado dunha trasnformación total dos transportes. As necesidades dun comercio interior crecente obrigaron a mellorar as rutas e os medios de transporte(...). O ferrocarril culminou esta transformación." Josep Fontana. Introducción al estudio de la historia. Ed Crítica.
 
Ofrecemos este vídeo da páxina de Arte e Historia sobre a expansión do ferrocarril en España onde é moi patente a relación existente entre a súa gradual construción e o progreso industrial,o desenvolvemento da minería e o despegue urbano que impulsan e fan rendibles os elevados investimentos requeridos nunha obra desta envergadura.

No hay comentarios: