miércoles, 4 de mayo de 2011

Discurso de Obama o día que anuncia a eliminación de Osama Bin Laden

Nun discurso tipicamente americano no que alude aos valores do pobo americano e as desgracias que tiveron que padecer moitos cidadáns con familiares finados nos atentados das torres xemelgas e cun final no que pide a bendición de Deus, o presidente de USA anuncia que coa execución de Bin Laden se fixo xustiza. Este feito está a levantar unha marea de comentarios a favor e en contra dos medios utilizados para eliminar a Bin Laden. Por riba de todo hai un debate moral e legal que non debemos eludir. Por isto poñemos aquí o video do discurso e unha curta intervención do xornalista Iñaki Gabilondo que nos obrigan a pensar no acontecido.



No hay comentarios: