A morte deste home significa a marcha dun histórico loitador pola lingua e a cultura galega. Isaac Díaz Pardo converteuse moi cedo nunha auténtica institución moi respectada pola súa traxectoria vital. Unha persoa moi entrañable para todos os que tiveron oportunidade de coñecelo. En outubro do ano 2007, tivemos a honra de que presidira o acto de entrega dos premios outorgados pola Fundación Antonio Fraguas. O IES de Ponte Caldelas presentaba a súa exposición sobre o patrimonio cultural dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos e alí estaba aquel home baixiño, sorrinte e de mirada intelixente e pícara. Con este artigo queremos rendir unha homenaxe a quen soubo manter sempre a dignidade. Para isto imos recorrer a un precioso escrito de Manuel Rivas, publicado no xornal "El País" que podedes ollar na seguinte ligazón: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/segredo/Isaac/elpepuespgal/20120113elpgal_15/TesOla son Humberto Martínez Gargamala, profesor de Ciencias Sociais no IES Sánchez Cantón.Ofrézovos este blog como unha ferramenta para a reflexión e o debate. Nela iremos colgando noticias, artigos de prensa, fotografías e dossieres sobre diversos temas do curriculum.Espero que vos guste. Un saúdo e gracias pola vosa colaboración.
domingo, 15 de enero de 2012
Isaac Díaz Pardo, a historia dun galego honrado e integro
A morte deste home significa a marcha dun histórico loitador pola lingua e a cultura galega. Isaac Díaz Pardo converteuse moi cedo nunha auténtica institución moi respectada pola súa traxectoria vital. Unha persoa moi entrañable para todos os que tiveron oportunidade de coñecelo. En outubro do ano 2007, tivemos a honra de que presidira o acto de entrega dos premios outorgados pola Fundación Antonio Fraguas. O IES de Ponte Caldelas presentaba a súa exposición sobre o patrimonio cultural dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos e alí estaba aquel home baixiño, sorrinte e de mirada intelixente e pícara. Con este artigo queremos rendir unha homenaxe a quen soubo manter sempre a dignidade. Para isto imos recorrer a un precioso escrito de Manuel Rivas, publicado no xornal "El País" que podedes ollar na seguinte ligazón: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/segredo/Isaac/elpepuespgal/20120113elpgal_15/Tes
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario