domingo, 26 de mayo de 2013

Un paseo polos petróglifos de Gargamala

Ao carón de motivos propios da
 época hai otros que son posteriores
Na parroquia de Gargamala, na parte de monte, más arriba da aldea de Boente, están unha serie de petróglifos con motivos circulares, laberintos, motivos reticulares e debuxos curvos a modo de pisadas do gando. Tamén podemos ver cruces, pero con toda probabilidade están feitos con moita posterioridade.
Forte control visual sobre o val do Tea
Dentro de que estes gravados sempre serán un misterio sen resolver a súa localización nunha zona de amplo control visual sobre o val do río Tea non é casual. Poderán ser rochas que delimitan o espazo de ocupación humana respecto do espazo salvaxe, poderán ser uns calendarios inscritos na rocha ou poderán ser rochas sagradas, a cuestión é que hoxe en día seguen a sorprender. A localización resulta moi semellante aos de Tourón, en Ponte Caldelas (Pontevedra): a media ladeira, aproximadamente a uns 350-400 metros de altura, orientados ao sur e oeste sobre rocha granítica de gran fino, en lugares ricos en mananciais de auga e cun amplo dominio visual sobre o val. Máis arriba da súa localización están os pastos, as gándaras e o espazo humanizado, ao revés que na actualidade onde é o val o lugar de ecúmene.

A erosión ten xa moi desgastados
 os labirintos e os círculos                            



No hay comentarios: