miércoles, 16 de abril de 2008

A ponte e o río Verdugo, a identidade da vila de Ponte Caldelas

Se hai unha ponte, hai un camiño. O antigo Camiño Real de Pontevedra a Ribadavia atravesa o río Verdugo por esta ponte e estrutura a forma da vila nun sentido liñal leste - oeste. Considerando o valor histórico e patrimonial desta ponte é un deber coidala e preservala. Hoxe segue a ter a funcionalidade de sempre, pero sería interesante comezar a plantexarse un punto alternativo de cruce sobre o río Verdugo para potenciar o contorno urbano da ponte, cada vez máis sobrecargado de tráfico. A inauguración dunha ponte de madeira para o paso dos peóns nun punto moi próximo incide na importancia de valorizar o contorno natural e urbano. O paseo fluvial é un dos maiores atractivos que ten Ponte Caldelas. Unha vez máis a natureza brinda posibilidades. O ser humano debe aproveitalas sen unha transformación excesiva que ameace o seu atractivo orixinal.


O paseo fluvial é un dos valores ecolóxicos e paisaxísticos de Ponte Caldelas. Conviría non estreitalo pola presión urbanística.

No hay comentarios: