domingo, 24 de febrero de 2008

Ponte Caldelas, antes e hoxe.



Dúas imaxes tomadas dende o núcleo de Pazos e dende unha posición moi semellante, unha actual e outra tomada nos anos 20 ( foto extraída do libro" Ponte Caldelas, memoria escrita dun pobo 1500- 1936 de Mercedes Martínez Plasencia e Teresa Sánchez Cora).

O dominio exercido polo actual edificio do concello, antigo grupo escolar, queda hoxe desdebuxado en medio dun caserío máis numeroso e de maior volume. A veiga que se estende no primeiro plano ocúpase co campo de fútbol e outras instalacións deportivas. A ponte, que nos anos 20 ainda podía verse, agora desaparece. O río e a súa chaira de inundación permanecen libres da presión construtiva, algo que hoxe non sempre semella cumprirse. O primitivo plano liñal da vila, seguindo o camiño real entre Pontevedra e Ribadavia, vai sendo alterado polo crecemento en dirección a Laxoso e pola colmatación da superficie entre o edificio do actual concello e a vila.

Sería moi importante respectar determinados espazos: o monte, o río e a súas beiras, evitar a construción de inmobles que amenace o tradicional protagonismo do edificio do Concello. Asemade, é necesario impedir a edificación de inmobles de volumes inadecuados como pode verse na parte esquerda da imaxe actual, en Cuñas, e obrigar a unha elección de materiais e cubertas en sintonía co anterior.

No hay comentarios: