martes, 13 de mayo de 2008

Comentarios á novela "Jim ante el espejo"

"Jim ante el espejo" é unha novela da autora sueca Inger Edelfeldt. Trata da historia dun adolescente que vai descubrindo pouco a pouco a súa personalidade e a súa sexualidade. Todo isto provoca trocos importantes na súa vida. O seu enfrontamento contra os estereotipos fabricados pola sociedade, a incomprensión dos seus pais, as dúbidas persoais que estes enfrontamentos lle crean e a súa valentía para reafirmarse ante os demais son ingredentes que calquera adolescente pode valorar e aprezar. Pero por riba de todo está a sutileza coa que a autora aborda o tema da homosexualidade. Elegancia no tratamento do tema non exenta de dureza pola cruel realidade á que están sometidos milleiros de seres humanos por mor de hipócritas e absurdas regras morais.


Cuestionario para o comentario da novela.
  1. Describe a personalidade de Jim con trazos extraídos da novela.
  2. Como vai a evolucionar a súa personalidade?
  3. Como describirías o ambiente familiar: a súa nai, o seu pai, as obsesiónsde ambos, a relación que mantiñan como parella...
  4. A novela está escrita en primeira persoa , pero no comezo de cada capítulo hai unha intervención da nai como se fora unha confesión a unha psicoanalista reflexionando sobre os acontecementos centrais da novela. Como valoras estes comentarios? Había coincidencia entre a visión que tiña a nai da evolución de toda a historia e a visión que tiña o propio protagonista? A que cres que pode deberse?
  5. Como era a relación de Jim cos seus compañeiros de escola?
  6. Que expectativas tiña o pai sobre Jim? Como xulgas este feito?
  7. Que estratexias utilizou Jim para ir superando os seus medos?
  8. Cando comeza a advertir que os seus gustos sexuais eran diferentes aos da maioría?
  9. De que se culpabiliza a súa nai constantemente?
  10. Que significa a entrada de Matt na vida de Jim?
  11. Como reacciona a familia ante a nova situación?
  12. Por que Jim utiliza o recurso da provocación?
  13. Cres que os problemas de Jim finalizan cando se enfronta aos máis próximos?
  14. Obtiveches algunha conclusión despois de ler esta novela?
  15. Recomendarías a alguén a súa lectura? Por que ?

No hay comentarios: