martes, 13 de mayo de 2008

Comentario sobre o relato "Un bosque cheo de faias"


Esta novela escrita por Francisco Castro aborda o tema da violencia neonazi. Unha historia de equívocos entrelazados ata o final que manteñen así o interese do lector. Aborda un tema de actualidade dende o punto de vista dun adolescente que inmerso nos problemas que acarrea esta etapa, vese complicado nunha historia de violencia gratuíta.

Cuestionario sobre a novela:
  1. Describe a Alexandre e a súa panda de colegas Antón e Manuel
  2. Que significaba o bar Grapas para estes tres amigos? Que trocos ben visibles aconteceron para percibir que algo raro estaba a pasar detrás daquela barra?
  3. Cando aparece a violencia racista nas súas vidas?
  4. Por que desconfían do dono do bar? Actúan con prexuízos ou son sospeitas ben fundadas?
  5. A partir destes feitos a panda de colegas ráchase. Resulta críble o que aconteceu? Cres que te podería pasar a tí? Resulta frecuente que xulguemos sen probas os actos dos demais?
  6. Cres que esta historia pode estar acontecendo nalgún lugar de Europa?
  7. Que motivos impulsa a unha persoa a actuar de forma racista e discriminatoria contra alguén?
  8. Busca algunha noticia nos medios de comunicación semellante ao tema desta novela.

No hay comentarios: