sábado, 30 de enero de 2010

Borrador do Pacto social e político sobre a educación do Ministerio de Educación

A educación en España está sometida aos vaivéns políticos dos cambios de goberno. A idea de crear un marco educativo máis estable e que esta materia non sexa motivo de controversia política é un intento moi loable e unha demanda social, pero moito me temo que volverá a haber polémica. O conflito non é malo se serve para aprender e mellorar, pero en España os tema educativos motivo de debate sempre foron intrascendentes creando unha cortina de fume sobre as verdadeiras preocupacións dos docentes ( fracaso ecolar, desmotivación, formación do profesorado, DCBs pouco actualizados e faltos de interdisciplinariedade, competencias educativas metidas con calzador, falta de financiación...). Se esta é unha oportunidade para que exista máis cordura estupendo. Veremos en que termina.

No hay comentarios: