miércoles, 10 de febrero de 2010

Unha presentación resumo do libro 55 mentiras sobre a lingua galega

O libro coordinado por Xosé Henrique Costas foi obxecto dunha multipresentación en 69 cidades de todo o mundo. Unha resposta rápida e contundente á promesa electoral do Partido Popular de reformar a lei de normalización lingüística do galego que nos nosos días ten como referente a publicación das bases do borrador para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia. Esta presentación corresponde a un resumo elaborado por Pilar Ponte.Para quen estea interesado en máis información a ligazón é:

http://prolinguagalega.org/


No hay comentarios: