jueves, 14 de octubre de 2010

Sobre o comezo do sector téxtil algodoeiro

Este documento axuda a entender que o proceso de introdución do factory system, incluso nun sector como o téxtil algodoeiro, non foi tan rápido, nin tan xeralizado no espazo inglés como podería crerse. Ademais apunta a importancia da explotación do traballo infantil como unha das claves do progreso deste sector.

"Sen a introdución das spinning machine ningún esforzo dos patróns ou dos traballadores podería dar satisfacción á demanda comercial.
Estas máquinas foron usadas no campo, ainda que nun primeiro tempo a escala reducida : críase que doce fusos constituían  xa unha grande instalación. Doutro lado, a incómoda posición na que había que colocarse para fiar con ditos instrumentos era inaxeitada para os adultos que vían con asombro como nenos de 9 a 12 anos as manexaban con destreza. Deste xeito a abundancia chegou ás familias que ata entón estiveron agobiadas polo excesivo número de fillos, mentres que os tecedores pobres liberábanse da servidume na que viviron a causa da insolencia dos fiadores.

O invento e os progresos das máquinas para reducir o traballo tiveron unha grande influencia na extensión do noso comercio e asemade aumentaron o emprego, especialmente de nenos, nas industrias algodoeiras.(...) Nesas fábricas empréganse nenos de tenras idades: moitos deles, que estaban acollidos nas workhouses de Londres e de Westminster, son trasladados en masa para facer a aprendizaxe a industrias situadas a centenares de millas de distancia, nelas prestan os seus servizos ignorados , indefensos e esquecidos por aquelas persoas ás que a natureza ou as leis confiaron a súa custodia. Polo xeral, estes nenos están obrigados a traballar demasiado tempo en ambentes pechados, con frecuencia durante toda a noite: o aire que respiran está envelenado polo aceite ou por outras sustancia utilizadas polas máquinas e ninguén se preocupa das súas condicións hixiénicas...."
John Aikin. A description of the country from thirty miles round Manchester. London 1795, en G. Mori. Ed. ECIR.

No hay comentarios: