martes, 5 de octubre de 2010

Revisando o concepto de revolución industrial

Volvemos a botar man de Josep Fontana no seu magnífico libro de "Introducción al estudio de la Historia". Agora imos facer unha síntese da matización dagúns conceptos moi asentados para explicar a Revolución Industrial.

"O crecemento industrial inglés debe ser visto como un proceso longo e complexo, que se iniciou nunha produción de escala a miúdo doméstica, con máquinas elementais e sen que o vapor aportara moito.(...) As máquinas iniciais da industrialización eran manuais ou funcionaban coa forza dos cabalos e estaban destinadas a unha utilización doméstica e non á fábrica.(...) Isto explícase polo feito de que as industrias inglesa máis importantes non eran neses momentos a siderurxia, nin a construción de máquinas, senón as de lá, a csonstrución, o pel e a cerveza. Detrás medraba a de algodón onde comezaría a mecanizarse o fiado, mentres que o tecido seguiría bastante tempo como unha actividade artesanal e manual.
(...) Para o economista norteamericano, Stephen Marglin, a fábrica non naceu por necesidade dunha maior eficacia produtiva, senón para asegurar ao patrón o control da forza de traballo e a apropiación do excedente producido polo obreiro. (...) A fábrica permitía suxeitar e controlar mellor ao traballador e eliminaba a competencia do pequeno produtor independente ou cooperativo, que non podía adoptar a tecnoloxía cada vez máis custosa que impoñían os fabricantes, quenes, contra o que sostén o mito, poucas veces xurdiron dabaixo; na súa maior parte procedían da burguesía (...).


No hay comentarios: