martes, 26 de octubre de 2010

Fomentadores cataláns asentados nas costas de Galicia na segunda metade do s. XVIII

Coa chegada dos fomentadores cataláns ás costas de Galicia, atraídos pola riqueza pesqueira da sardiña e pola posibilidade de negocio da mesma no Mediterráneo, onde sofría un esgotamento, comeza a industria conservera nas Rías Baixas. A importancia da pesca da sardina e do comercio do sal, produto básico para a conservación e salgadura das capturas, é moi antiga nas vilas costeiras de Galicia. En Pontevedra, durante a Baixa Idade Media, tiña importancia o cerco real como técnica de pesca da sardiña, máis tarde son os xeitos a arte de pesca preferida. En calquera caso o control gremial e a necesidade de colaboración de moita man de obra ocupan á maior parte da poboación costeira. Coa chegada dos cataláns cara 1768 prodúcese a adopción da xávega como utensilio de pesca máis produtivo e menos intensivo en man de obra que as anteriores técnicas, o cerco real e o xeito. Estes novos úteis de pesca  incrementan as capturas e foron un estímulo ao desenvolvemento das actividades de salgadura e conserveiras. Introdúcense tamén novas técnicas de tratamento da salgadura que incrementaron a produtividade do proceso. Además xeralizaron o salario como forma de remuneración  do traballo rachando co carácter gremial e corporativo que tiña a actividade anteriormente. Este troco de explotación e elaboración supuxo un choque de intereses que reflicte moi ben o texto de Cornide Saavedra, un ilustrado galego que defende o modo de produción artesanal fronte a explotación masiva dos cataláns.


«Vivía esta provincia en el seno de la paz y de la abundancia; gozaba de los frutos de su costa y suelo, sin la angustia de perderlos en el futuro; los exportaba en naves propias a los países extranjeros...; de repente se presentan los industriosos catalanes, esos holandeses del mediodía... que trastornan el comercio de sus naturales, dejándolos en una sujeción precaria, los empeñan en contratos que causan ruina y les anticipan en vinos y aguardientes el valor de su futuro trabajo, vician sus costumbres y fomentan la holgazanería...» Cornide Saavedra. 1774.

No hay comentarios: