domingo, 31 de octubre de 2010

O proceso de implantación do liberalismo

Non foi doado derrubar as estruturas do Antigo Réxime. Aínda que o sistema presentaba moitas fendas que ameazaban a súa solidez foron necesarias varias vagas revolucionarias para asentar os principios políticos do liberalismo. Esta ideoloxía adoptada pola burguesía como bandeira contra os privilexios da nobreza e o clero, defendía os dereitos e as liberdades individuais como base para establecer unha nova relación co Estado. A aparición dos conceptos de soberanía nacional, separación de poderes, limitación da autoridade dos monarcas a través de constitucións, o sufraxio como método para elixir aos representantes políticos, a defensa da igualdade xurídica e o Estado de Dereito son os novos principios sobre os que se contrúe unha nova sociedade en pleno proceso de cambio das súas estruturas económicas co triunfo do capitalismo industrial.
Este vídeo resume a evolución dos acontecementos revolucionarios máis importantes que eliminarían o absolutismo e unha sociedade montada sobre a diferencia por cuestións de sangue.

No hay comentarios: