martes, 23 de noviembre de 2010

A batalla de Austerlitz

A Francia revolucionaria que rematou co absolutismo monárquico propio do Antigo Réxime ía a derivar nun sistema político que volvía a reunir os poderes baixo unha soa persoa, Napoléon Bonaparte. Produto do proceso revolucionario, Napoléon mestura os ideais e as conquistas do liberalismo político cunha dose de personalismo e autoridade que converte o seu réxime nunha mestura entre pasado e presente, crible mentres duraron os éxitos militares que levaron a Francia a dominar case toda Europa.
Estratega, innovador, temerario, o seu exército sempre estaba motivado para despregar as ideas da revolución por medio Europa, pero, á vez e contradictoriamente, aplastaba a liberdade dos pobos, espertando o seu nacionalismo. A batalla de Austerlitz marca o cumio dos seus éxitos militares, a partir de aquí o exceso de confianza levará a Napoleón a cometer unha serie de erros(bloqueo a Inglaterra, ocupación da Península Ibérica e os Estados Pontificios, a campaña de Rusia) co consecuente declive.
A película que mostramos é sobre as manobras e os enganos aos que someteu aos inimigos, tendo en conta a desvantaxe inicial de ser menos en número que os adversarios austríaco e ruso e de ter chegado moi lonxe co conseguinte problema loxístico de abastecemento e de axudas e reforzos.

No hay comentarios: