miércoles, 8 de diciembre de 2010

1848, un ano crítico que desata revolucións en medio Europa

Todos os avances sociais chegan porque hai colectivos que toman conciencia da necesidade de modificar as leis para ampliar dereitos e vencer situacións de inxustiza. Os avances sociais non foron doados de implantar. O Estado liberal consolidado tras os procesos revolucionarios anteriores estaba controlado pola alta burguesía. A participación política seguía estando reducida a unha minoría da poboación. Mentres, a expansión económica e industrial nos países da Europa Occidental estaba a provocar un aumento do proletariado. O protagonismo crecente que asume esta clase social, a súa conciencia política e o apoio dos pensadores socialistas na organización das súas reivindicacións fai desta revolución o primeiro ensaio para democratizar o estado burgués e a demostración de que a partir de aquí a burguesía terá que empregar a violencia institucional do Estado para frear as peticións das clases traballadoras.
Ao liberalismo e nacionalismo propiamente burgués hai que sumar a aparición da ideoloxía socialista como as grandes correntes de pensamento que protagonizarán a vida política no que resta do século XIX.
Para entender o acontecido na revolución do 48 recomendamos unha lectura da seguinte ligazón:  http://www.claseshistoria.com/revolucionesburguesas/revolucion1848.htm

Despois elabora un comentario do seguinte texto, averiguando o maís significativo do seu autor:

“A revolución de 1848 debe considerarse como a continuación da de 1789, con elementos de desorde de menos e elementos de progreso de máis.


Luis Felipe non comprendeu toda a democracia nos seus pensamentos (...) Fixo dun censo de diñeiro o signo e título material da soberanía (...) Nunha palabra, el e os seus imprudentes ministros colocaron a súa fe nunha oligarquía, en vez de fundala sobre unha unanimidade. Non existían escravos, pero existía un pobo enteiro condeado a verse gobernar por un puñado de dignatarios electorais (...).”

Lamartine, A. Historia da revolución de 1848.

No hay comentarios: