viernes, 17 de mayo de 2013

Do taller á mundialización da economía

1. A mundialización da economía: do taller á multinacional
A revolución industrial acontecida na Gran Bretaña, na segunda metade do s. XVIII, marcou unha liña de evolución da economía que implicou o crecemento urbano, o protagonismo da industria, o éxodo rural, a modernización tecnolóxica dun xeito continuado e unhas relacións de produción nas que se delimitaba nidiamente o dono do capital respecto do traballador por conta allea.
O proceso industrializador consta de varias etapas. Mentres na primeira se produce o salto do obradoiro á fábrica e aparecen empresas familiares moi activas en sectores como o téxtil e siderúrxico; na segunda fase prodúcese unha mundialización da economía capitalista e un crecemento das empresas que anuncia a situación actual. Banca e industria comezan unha relación moi estreita en medio dunha espectacular innovación tecnolóxica (química, metalurxia, eléctrico, transportes...). Aparecen novos modelos de organización do traballo que elevan a produtividade por obreiro e amplian os beneficios empresariais.
Dende a 2ª Guerra mundial e sobre todo, nos últimos vinte anos prodúcese unha globalización da produción, protagonizada polas multinacionais, que se basea na continua innovación e nunha terciarización da economía.
Con todo, o capitalismo financieiro padece crises cíclicas que provocan paro e unha mudanza nas hexemonías da economía mundial.

As empresas son as unidades básicas de xestión da actividade produtiva.
As empresas poden ser :
  • Segundo a procedencia do capital: públicas ou privadas
  • Segundo o tamaño: pequenas (< 50), medianas( 50-250) ou grandes (>250)
  • Segundo onde actuen: ámbito nacional ou internacional
  • Segundo a actividade: do sector primario, secundario e terciario ou de servizos
  • Segundo a propiedade do capital:individuais ou colectivas (S.L., S.A, cooperativas.
As empresas para enfrontarse mellor aos cambios do mercado, adaptarse con maior rigor ás mudanzas tecnolóxicas e evitar unha competencia destrutiva proceden a fusionarse (trust), chegan a cordos (cartel) ou se integran dentro dun grupo (Holding)
Hoxe en día o protagonismo empresarial corre a cargo das multinacionais. Son empresas multiplanta que se introducen en numerosos mercados dirixidas dende unha sede ou matríz.
Imaxe procedente de www.sintetia.com

Os obxectivos das multinacionais é producir en grandes cantidades a baixos custes, adaptando a súa produción ás mudanzas dos consumidores e introducíndose no mercados exteriores a través das filiais.
Accións das multinacionais:
  • Uso da tecnoloxía máis punteira
  • Deslocalización das plantas de produción a países onde a man de obra é máis barata, deixando o proceso de maior cualificaciónnos países desenvolvidos.
  • Descentralización da produción
  • Externalización de determinadas tarefas
  • A dirección esixe unha competencia profesional de primeiro rango e unha identificación coa empresa.
  • Estudan os mercados e empregan moito diñeiro en publicidade
  • Teñen informatizado o sistema de pedidos de xeito que non xeran stock
Un exemplo próximo: INDITEX. Preme na ligazón:

No hay comentarios: