viernes, 17 de mayo de 2013

O fenómeno da globalización


A globalización da economía
Fase actual do sistema capitalista que se caracteriza por:

  • Liberalización do mercado a nivel internacional 

  • Unha interrelación planetaria onde flue información, capital, mercadorías e persoas a moita velocidade. 

  • Constante innovación tecnolóxica 

  • Protagonismo das multinacionais. 

  • Abaratamento e rapidez das comunicacións e o transporte. 

  • Terciarización da economía con especial importancia do desenvolvemento dos servizos financieros e de marketing.
  • Xunto a uniformización económica, co dominio aplastante do sistema capitalista, prodúcese tamén a imposición do modelo cultural occidental en todo o mundo. O cine, a televisión, internet, as novas tecnoloxías ao servizo das multinacionais unifican os gustos e occidentalizan a cultura. O mundo é unha aldea global.
    Fronte a esa homoxeneización xurde unha reacción de afirmación do propio, do local fronte ao global, nacionalista, en ocasións pacífico, en ocasións violento.


     

     



       

    • Para Todos la 2 - Entrevista: Vicenç Navarro y Juan Torres


    • No hay comentarios: