jueves, 16 de mayo de 2013

O capitalismo. Conceptos básicos

O capitalismo.
Sistema económico que se caracteriza por:
  • O capital é o elemento máis importante do proceso produtivo.
  • Propiedade privada dos medios de produción
  • O obxectivo fundamental do proceso produtivo é a obtención dun beneficio particular. Máxima liberdade para a iniciativa particular
  • Os prezos son fixados segundo a lei de oferta e demanda. O mercado é quen de fixar prezos, salarios.
  • O Estado non debe intervir na economía
  • O traballo é unha mercadoría máis
  • Orixina desigualdades sociais dentro dunha sociedade e entre uns países e outros.
O ideólogo deste sistema económico é Adam Smith que desenvolve os principios do liberalismo económico e da libre competencia. O papel do Estado queda reducido a crear un marco normativo para evitar o abuso, defender o país dun perigo exterior e garantir a orde interior.
Despois da profunda crise de 1929, Keynes demostrou a importancia da intervención do Estado para corrixir os erros do mercado. Ante unha crise o Estado debe combater o paro coa creación de emprego público, aumentar o investimento público, protección dos aforros e do emprego... Froito das súas ideas, despois da 2ª Guerra mundial aparece o Estado de Benestar
Na actualidade está a imporse o neoliberalismo: privatización de servizos públicos, flexibilidade na contratación, deslocalización industrial...


No hay comentarios: