Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 5 puntos):
a) Ademais de Sta. Cruz de Tenerife, nomee cinco das illas principais que forman o arquipélago canario. (1 punto)
b) Que tipo de mapa é e que información representa? (1 punto).
c) Responda as seguintes cuestións sobre os condicionantes físicos e humanos da área que aparece no mapa (3
puntos; 0,5 por cuestión ben resolta)
1. Describa como é o relevo que reflicte o mapa.
2. Que son as curvas de nivel e cal é a de maior altitude que aparece?.
3. Ao oeste de “Garachico” arranca unha vía de comunicación ata “San Juan del Reparo” (TF421). Cales
son as súas principais características?.
4. Que tipo de vexetación é a dominante nesta área?.
5. Que tipo de poboamento aparece nesta área?.
6. Cales son os principais usos do solo e aproveitamentos económicos desta área canaria?.
Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 5 puntos):
a. Ademais de Sta. Cruz de Tenerife, nomee cinco das illas principais que forman o arquipélago canario (1 punto).
Ademais de Tenerife, o resto de illas principais que conforman o arquipiélago canario son: O Ferro, A Palma, A Gomera, Gran Canaria, Forteventura e Lanzarote.
b. Que tipo de mapa é e que información representa? (1 punto).
O mapa topográfico é un documento onde se representan con gran detalle os aspectos físicos (relevo, hidrografía, vexetación) e humanos (usos do solo, hábitat, toponimia) máis destacados dun territorio que resultan de grande interese para a análise xeográfica. O documento é un fragmento do Mapa Topográfico Nacional a escala 1:50.000 (MTN50) elaborado polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN).
c. Responda ás seguintes cuestións sobre os condicionantes físicos e humanos da área que aparece no mapa (3 puntos; 0,5 por cuestión ben resolta)
1. Describa como é o relevo que reflicte o mapa.
Trátase dun territorio accidentado, cunha orografía complicada polo forte esnivel existente (curvas de nivel moi próximas) o que será un importante ondicionante tanto nas comunicacións como en diferentes actividades económicas con espazos ben diferenciados de chaira litoral, val e montaña.
2. Que son as curvas de nivel e cal é a de maior altitude que aparece?
As curvas de nivel son as liñas que unen puntos coa mesma altitude. A mestra de maior altitude que aparece é a de 700 metros, aínda que a cota de maior altura é de 748 m (extremo suroccidental deste fragmento de mapa).
3. Ao oeste de “Garachico” arranca unha vía de comunicación ata “San Juan del Reparo” (TF421). Cales son as súas principais características?
O forte desnivel que ten que salvar é a súa principal característica, de aí a súa sinuosidade, adaptándose ás curvas de nivel que marcan onde o terreo pode ser algo máis chan facilitando a súa construción.
4. Que tipo de vexetación é a dominante nesta área?
A vexetación dominante é a típica do espazo bioxeográfico macaronésico, onde abundan as reliquias ou endemismos. Na área do mapa estamos entre o nivel do mar e os 800 metros polo que aparece unha estrutura en pisos, neste caso os chamados pisos basal e intermedio. Son especies adaptadas á aridez
(cardón, tabaiba…) e á escasa humidade (palmeiras, dragos e sabinas) nestas altitudes.
5. Que tipo de poboamento aparece nesta área?
Nesta área o poboamento concéntrase en pequenos núcleos de poboación (como “Garachico”) próximos á costa, onde as comunicacións son máis doadas e o clima máis favorable ou nalgunhas zonas de maior altitude (500 metros) como “El Tanque” e “San Juan del Reparo” onde o terreo é menos abrupto e nas vías de comunicación que unen a costa co interior da illa (Cañadas do Teide).
6. Cales son os principais usos do solo e aproveitamentos económicos esta área canaria?
O terreo é de difícil aproveitamento económico polo seu forte desnivel. É unha zona onde predominan as lavas e a matogueira con algún arboredo.
Principais aproveitamentos económicos: aínda que existen algúns cultivos (agricultura de primicia, plátanos, socalcos), a área foise especializando en actividades do sector terciario fortemente vinculadas co turismo debido ao seu agradable clima subtropical e ás praias existentes en todo o litoral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario