viernes, 30 de noviembre de 2007

Comentario sobre o relato: " El niño con el pijama a rayas"

O relato de " El niño con el pijama a rayas" está sendo unha obra das máis lidas no momento actual. Animámoste a que comentes os aspectos máis relevantes da novela.

1. Indica características que definan a cada un dos personaxes da novela ( Bruno, Schmuel, pai, nai, avoa, irmá, tenente). Argumenta esas características.

2. Ao longo dunha novela os personaxes van enfrontándose a situacións e evolucionan. Indica se percibiches algunha evolución nalgún dos personaxes.
3. En que escenarios espaciais se move a acción da novela?

4. Poderías indicar en que período temporal se desenvolve a acción da novela?. Busca información sobre os feitos relevantes que estaban a suceder nese momento.

5. Como é a relación de Bruno, o protagonista, co resto dos personaxes da novela?

6. Relaciona “ El Furias” con algún personaxe histórico. Que importancia ten este personaxe no desenvolvemento da novela e nos feitos sobre os que se asenta a ficción da nosa historia?.

7. Como percibe Bruno o mundo que lle rodea e que estaba a suceder realmente?

8. Que representa a figura do Tenente Kotler?

9. Quen é Schmuel? . Explica a relación que se establece entre el e Bruno.

10. Que teñen en común ambos personaxes ( Bruno e Schmuel)?. Que é o que os separa?

11. Como son consideradas as persoas como Schmuel?

12. Explica o final da novela. Que pode pasar pola cabeza do seu pai?

13. Consideras que no mundo actual poden darse situacións semellantes ao acontecido na novela?

14. Cres que che sería difícil ser un garda dese campo?. Argumenta a resposta.

15. Aportouche algo a lectura desta novela? Se a resposta é afirmativa explicao.

No hay comentarios: