martes, 27 de noviembre de 2007

Exposición de Sebastiao Salgado sobre África

Na sáa de exposicións de de Caixa Galicia en Santiago de Compostela tes a posibilidade de achegarte ao encanto e o misterio de África, pero tamén ao seu sofrimento, miseria, fame e violencia. O fotógrafo brasileiro Sebastiao Salgado recolle como poucos as consecuencias das guerras: campos de refuxiados, desprazamentos, fame, mutilacións..., pero tamén o día a día de homes e mulleres que habitan un continente de natureza viva e insólita. Con imaxes en branco e negro acentúa a expresión comunicativa e engancha ao espectador. Aquí imos ofrecerche só unhas poucas sobre as que debes elaborar un texto onde digas o que te trasmiten.


Se che impactaron podes acudir a este enlace http://www.terra.com.br/sebastiaosalgado/inicio.htm para aprender máis sobre este fotógrafo e o seu traballo. As fotografías veñen acompañadas de textos explicativos, así como citas de autores como Eduardo Galeano onde se analiza o traballo deste artista gráfico tan comprometido coas causas sociais e a denuncia. Achégate a el. A túa percepción da realidade vai experimentar unha sacudida, seguro.










No hay comentarios: