A reportaxe sobre a polémica canteira no Caurel, publicada no xornal A Nosa Terra, reflicte á perfección un conflicto moi frecuente hoxe coa extensión dunha mentalidade máis sensible co medio natural : o enfrontamento de intereses moi lexítimos: por un lado, a defensa do medio protagonizada polo ecoloxismo de SOS Caurel e, por outro, a defensa do posto de traballo por parte dos veciños afectados por un hipotético peche da canteira. Aquí tedes un resumo da reportaxe.
Os veciños de Folgoso do Courel contra o peche dunha mina porque non hai outra alternativa económica no concello
A legalización da Concesión de Explotación da canteira de lousa da Campa, no concello de Folgoso de Courel, está a provocar unha polémica que enfronta veciños e ecoloxistas. A maioría dos cidadáns do Courel defende unha mina que funcionou de forma irregular durante 28 anos, pero que constitúe a principal vía de ingresos deste municipio. Existen posicións en contra da canteira. Dáse no caso dalgúns hostaleiros que ven no turismo unha alternativa incompatíbel coa minería e os ecoloxistas, que reclaman a conservación dun dos espazos naturais máis ricos do país.
“Os turistas e os ecoloxistas queren que andemos con taparrabos!”, protesta un veciño de Folgoso de Courel cando lle mencionan a polémica en torno á única canteira que funciona na actualidade nese concello. El non é empregado da mina, o salario chégalle da Consellaría de Medio Rural, na que é funcionario, de forma que non o poden acusar de falar condicionado por ninguén. Como el, case todos os veciños da vila repiten a mesma idea: “a canteira é a nosa principal fonte de ingresos, dá cen postos de traballo”.“Onde están eses cen postos de traballo?”, pregunta Xosé Antonio, o propietario da Casa da Aira, un estabelecemento de turismo rural na aldea de Froxán, nun enclave definido pola Xunta como Ben de Interese Cultural. Xosé Antonio non nega que a canteira xere cen postos de traballo, mais discute que sexan para persoas dese concello. “Dubido que máis de corenta vivan en Folgoso, o resto veñen de fóra”, asegura.Do número de persoas que viven directamente en Folgoso da canteira non hai acordo. O alcalde, o socialista Xosé López Fontal, admite que non sabe cantos dos traballadores están censados no concello, mais dá a súa propia estimación: “penso que roldan o 60%”, indica. En realidade, prodúcese un conflito de intereses entre a vella economía da canteira e un sector que ve no aproveitamento da riqueza natural e cultural da serra posibilidades de crear un medio de vida de maior calidade para os veciños. Vivir é o obxectivo de todos, mais uns desconfían da alternativa dos outros. Tanto é así, que un sindicalista da CIG que traballa na canteira afirma con rexouba: “a min, se me dan un taparrabos e me pagan como deus manda, acepto”.“Non estou en contra de que pechen a canteira, mais nese caso que nos dean traballo”, di Manuela Calviño, unha ex traballadora da explotación que abandonou a actividade despois dun accidente laboral. “Foi algo excepcional, non acontece a miúdo”, matiza. “Que alternativa teñen á canteira?” pregunta Manuela. “O marrón glaçé?, como di Orlando”, inquire a continuación. Refírese a Orlando Álvarez, integrante da organización ecoloxista SOS Courel.SOS Courel esperta animosidade entre parte dos veciños de Folgoso. “Eses están en Lugo cos seus postos de traballo...”, di despectivamente o funcionario de Medio Rural. SOS Courel reclama que todo o concello forme parte do Parque Natural do Courel. “Iso implicaría o peche da canteira”, admite Orlando Álvarez, que tamén asegura que “hai alternativas”. As outras opcións que caben están incluídas nun estudo elaborado por SOS Courel no que se estima que poderían crearse 280 postos de traballo directos e indirectos relacionados coa explotación sostíbel da serra. Mais as cifras que dá esta organización son tan discutíbeis ou máis que as do número de empregados da canteira que viven en Folgoso. Por outra banda, calquera estratexia de desenvolvemento debería implicar os habitantes da comarca para que creasen empresas ligadas ao turismo.
Conciliación
Unha das posturas máis conciliadoras que se dan nesta polémica provén dun empregado da canteira. Trátase do sindicalista da CIG que ironizaba sobre os taparrabos. “Nós, como traballadores, imos defender os nosos postos sen dubidalo; se queren unha alternativa, que a busquen, non ten por que ser mala, pero ten que ser real”, indica, para engadir a continuación: “posturas como as de SOS Courel está ben que existan, danos bazas aos traballadores e axudan a mellorar as nosas condicións de vida, que hoxe son moi superiores ás de hai vinte anos; mais o empresario tamén ten que poñer o seu, ás veces ameaza con marchar do Courel, pero eu digo, isto non é a Citröen, non poden levantar a montaña e levala con eles”.Para o alcalde, son os veciños de Folgoso quen teñen que decidir o futuro da canteira. Nisto tamén hai acordo xeral. “Será como nós digamos, non como digan os de Vigo ou da Coruña”, di Alberto González en alusión á campaña de recollida de 21.000 sinaturas que SOS Courel levou adiante para loitar contra esta explotación. “Non podemos ceder á chantaxe dos postos de traballo”, resume Orlando Álvarez, desa organización ecoloxista. “Entón que queren, meternos en gaiolas como a monos?”, pregunta Alberto González, que engade: “porque se hai que pechar a canteira, alguén terá que pagar, ou os de Folgoso ou alguén e non é xusto que paguemos nós, despois de ternos abandonados tantos anos”.“Eu cheguei a dicirlle a un conselleiro de Medio Ambiente de Fraga que rematar coa canteira era ben doado, chegaba con que creasen dez cuadrillas de dez persoas cada unha, cunha boa remuneración e xa non había que clausurar a mina, pecharía soa por falta de persoal”, explica o alcalde socialista. En realidade, como el pensan moitos veciños, eses mesmos que coidaron o Courel e que o manteñen nas condicións nas que está. Esta serra é unha alfaia natural, cultural e etnográfica que ninguén discute. “A canteira é unha mancha que non lle gusta a ninguén, pero non hai de momento outra alternativa, se queren pagar por esa alternativa, que o fagan, pero que sexan outras administracións, porque nós temos un presuposto anual de 700.000 euros que dá para pagar a nómina dos funcionarios e pouco máis”.“A administración pode asumir eses gastos e impulsar iniciativas para xerar máis emprego, só é unha decisión que ten que tomar e coidamos que esas 21.000 sinaturas poden axudar”, sostén o membro de SOS Courel, que vén a admitir que o futuro da comarca non pode implicar custes para a cidadanía do Courel.

No hay comentarios:
Publicar un comentario