sábado, 27 de febrero de 2010

A bomba meteorolóxica Xinthya

Imaxes tomadas da AEMET na que se pode ollar a aproximación cara a península da tormenta Xinthya. Na imaxe global podemos ver o tren de perturbacións que percorre o Hemisferio Norte e que están deixando un dos invernos máis húmidos  e desapacibles que se recordan. Fortes ventos e intensas precipitacións que nos indican unha traxectoria zonal e moi meridional do Jet Stream con episodios de traxectoria ondulante que permiten a chegada de vagas de frío ártico. Din os máis vellos que é un inverno como os de antes, pero o que o distingue é a contundencia e a persistencia dos contrastes, agora forte vento e moita auga, mañá neve en cotas moi baixas. Semella que está sendo un inverno de record. Na imaxe dos 500 mb. vemos esa tendencia a ondularse da corrente en chorro que permitirá a chegada de aire frío unha vez que pase esta borrasca tan profunda.     

No hay comentarios: