sábado, 27 de febrero de 2010

Unha imaxe para a reflexión

Hoxe 27 de febreiro, ás 15'00 horas, tomei esta fotografía no peirao de Pontevedra. A denominada bomba meteorolóxica bautizada como Xinthya estaba a dar a benvida en forma de borrasca cargada de auga máis que de forte vento. Pode ser unha situación excepcional, pero a natureza avisa de que algo está mudando e os episodios de chuvias torrenciais serán cada vez máis frecuentes. A coincidencia da pleamar coas intensas precipitacións deron lugar a esta imaxe na que practicamente está desaparecido o peirao en Pontevedra.

No hay comentarios: