jueves, 25 de febrero de 2010

Unha illa de plástico á deriva no Océano Pacífico

Esta noite escoitando a cadena SER falaban dun desastre ecolóxico de primeira magnitude que está localizado ao norte das Illas Hawai en medio do Océao Pacífico. Falamos dunha vasta superficie do océano ocupada por plásticos. Esta concentración é debida á circulación das correntes mariñas existentes nesta área anticiclónica que transportan cara alí os envases, bolsas e botellas botados ao mar nas costas do Extremo Oriente e do continente americano. A fauna mariña e as aves aparecen afectados pola presenza deste elemento letal. Na reportaxe que presentamos a continuación podemos ollar con claridade a magnitude do desastre.

No hay comentarios: