A temperatura media é moderada, se ben xa estamos
en valores próximos a altos o que nos indica que estamos na parte meridional da
zona temperada onde o influxo do anticiclón das Azores, a calor africana e do
mar Mediterráneo xa se deixan sentir. Os invernos son suaves e os veráns
calurosos. A oscilación térmica é moderada e non moi elevada o que nos indica o
factor marítimo suavizador das temperaturas extremas.
As precipitacións están comprendidas entre os 450-
700 mm., moderadas. O vento húmido é do levante, especialmente no outono,
coincidindo coas valgadas de aire polar marítimo e a propia cicloxénese do
Mediterráneo, as depresións do Golfo de Cádiz e do Golfo de Xénova. O máximo
pluviométrico acontece no outono, mes de outubro, e ten un maximo secundario na
primavera. A chuvia é torrencial provocando o desbordamento dos ríos e
inundacións. Esa precipitación ten moito que ver con embolsamentos de aire frío
en altura, mentres que na base hai un ascenso rápido do aire quente. Son as
denominadas DANAs (Depresión aisladas en niveles altos). A finais do verán non
son infrecuentes os fenómenos de tornados. Rexistra cinco meses de aridez o que
nos indica a necesidade de aproveitar ben os recursos hídricos.
Este clima localízase na franxa litoral e
prelitoral da costa mediterránea. Oscila entre a aridez extrema do SE español
ata unha precipitación entre moderada e alta da costa xerundense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario